sábado, 21 de mayo de 2011

Titorial de acceso ao espazo Abalar

Preséntase a todos os usuarios do Espazo Abalar, uns vídeos explicativos para o acceso ao portal por medio do DNIe ou do certificado dixital da FNMT. 
Nestes vídeos amósanse de forma sinxela, os requirimentos e os pasos a dar para acceder ao Espazo Abalar empregando o DNIe ou o certificado dixital da FNMT.
No vídeo tutorial de acceso por medio do DNIe, veremos:
  • O material e o software necesario:
      - O DNI electrónico co PIN de acceso.
      - O lector de tarxetas.
      - O sistema operativo, os drivers, etc.

  • O procedemento para acceder ao portal.
  • E un apartado de preguntas frecuentes sobre o acceso por medio do DNIe.
Por outra banda, no vídeo tutorial de acceso por medio do Certificado Dixital da FNMT, amosarase:
  • O proceso de solicitude e instalación do Certificado dixital.
  • A realización dunha copia de seguridade do Certificado.
  • A importación do certificado aos navegadores de Internet Explorer e Mozilla Firefox.
  • E o procedemento para acceder ao portal por medio desta vía.
Para ver os vídeos PINCHA AQUÍ

lunes, 7 de marzo de 2011

Meigas na informática

Excelente e divertido vídeo que nos recordará que non somos nativos dixitais e como tivemos que sufrir e pelexar co noso PC (aínda que non teña moito de persoal).
¡Toda unha clase de iniciación á informática!


jueves, 3 de marzo de 2011

O miniportátil no IES Sanxenxo

Interesantísimo vídeo que nos axudará a mellorar a nosa relación co miniportátil. Non máis dores no pescozo e nas costas!!!.

miércoles, 26 de enero de 2011

Abalar TV

Reportaxe sobre o proxecto Abalar en V televisión emitido o 19 de Xaneiro do 2011: " La cara y la cruz de las nuevas tecnologías en los centros escolares".

viernes, 21 de enero de 2011

Protocolo de entrega e recollida de portátiles na aula

Recursos no Servidor de Centro

ACCESO Á APLICACIÓN DE RECURSOS

Dende as aulas ABALAR do IES Sanxenxo:
  • http://servidorcentro.edu.xunta.es
Dende as aulas NON ABALAR do IES Sanxenxo:
  • 69.55.139.250/recursos

Carta protesta Abalar ao conselleiro

Remítovos a carta-protesta de Fernando Pazos profesor no IES As Barxas, de Moaña, dirixida ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, na que expresa o descontento de parte do profesorado en relación a como se está desenvolvendo o proxecto Abalar.

Señor Conselleiro:

Nos centros de Educación Primaria e Secundaria de Galicia estase a producir un intenso debate arredor do plan Abalar, debate que arroxa unha potente visión do desagrado que existe na comunidade educativa.

A entrada da informática nas aulas é un obxectivo desexable e irrenunciable do sistema educativo mais non se pode perseguir sen unha estratexia axeitada. Non é serio pretender formar a todo o profesorado que traballa en 5o de Primaria e en 1o de Secundaria en tan só 50 horas e a marchas forzadas. Noutras comunidades autónomas lévase traballando isto dende hai, cando menos, catro anos. Os resultados, como ben sabe, non están a ser bos o que é terriblemente frustrante para un colectivo de persoas celosas do seu traballo, que desexan facer as cousas ben.
Semella que o único que interesa é que o profesorado “pase traballo”, independentemente de que este sexa ou non produtivo. Como se explica logo que se nos obrigue a elaborar prolixas programacións anuais e, no medio do curso, se nos obrigue a non respectar nin de lonxe o que nelas establecemos ao comezo do curso? Non é serio propoñer unha nova filosofía de traballo para o alumnado e tratar o profesorado como un simple convidado de pedra.

Hai poucos días que estas cuestións apareceron na prensa de maneira discreta, ao
contrario de como se anunciou a chegada aos centros dos ordenadores do alumnado. Bóteselle unha ollada a Xornal de Galicia 13/I/2011 ou, algo máis tarde, a La Voz de Galicia do 17/I/2011.

Por todo isto queremos que se reconsidere o proxecto Abalar e se teñan en conta as
seguintes cuestións (son apenas un extracto de outras moitas cousas importantes):

• atrasar un curso a posta en marcha deste proxecto (cousa que, de facto, xa se está a facer).
• flexibilidade para realizar a formación; xa é penoso térmonos que formar no tempo libre e nas fins de semana ou vacacións, para térmolo que facer nunhas datas e a unhas horas impostas, sen posibilidade de modificación e so pena de expediente disciplinario.
• unha formación integral común para todos os implicados no Abalar, e non depender do grao de implicación e/ou formación do profesor ou profesora escollido en cada centro. Os nosos compañeiros e compañeiras non poden cargar sobre as súas costas a responsabilidade de darlle entrada á Escola 2.0 en Galicia.
• que cada profesor dispoña dun ordenador a tempo completo para poder chegar á aula e ter algo que explicar a través das ferramentas informáticas. Aínda que moita
xente non o crea, as sesións docentes cómpre preparalas e, na inmensa maioría dos
casos, isto faise na casa. Teremos que preparar unha clase no momento de implementar a propia clase?
• que os equipos, por suposto, estean en lingua galega. É penoso que nin o sistema
operativo nin ningunha aplicación dos equipos mercados e distribuídos pola Xunta de
Galicia para os centros educativos dela dependentes, non se poidan utilizar en galego!

Pedimos ben pouco; tan só respecto á nosa profesión. A filosofía Abalar é encomiable mais o xeito de levala adiante é desprezable porque cifra o seu interese unicamente nun obxecto do proceso: os equipos informáticos os cales, como todos sabemos, dan moi ben nas fotos. A parte de ordenación, formación e creación de protocolos descárgase completamente no profesorado cun cargo de cero euros (0€!!) no orzamento xeral do proxecto. Non pedimos diñeiro, pedimos respecto e seriedade; as novas xeracións de galegos e galegas esíxennolo.


Un saúdo