miércoles, 26 de septiembre de 2012

Redeiras. Rede social do profesorado

O proxecto REDEIRAS nace co obxectivo de ser unha rede social de carácter profesional, que sirva como plataforma de comunicación, colaboración e intercambio de experiencias para o profesorado dos centros educativos galegos.

Unicamente poderán ser usuarios da rede social REDEIRAS aquelas persoas individuais que dispoñan dunha conta de correo-e corporativa "@edu.xunta.es" (non se admiten outro tipo de entidades), garantindo así o carácter profesional desta rede social.



sábado, 22 de septiembre de 2012

Proyecta: ferramentas educativas


PROYECTA  (Fundación Amancio Ortega)
Proyecta é unha plataforma virtual dirixida á comunidade escolar, na que se reúnen tres espazos de traballo para:
  • Explorar, descubrir e aprender a utilizar ferramentas e recursos didácticos de vangarda para estar ao día no uso das TIC na aula.
  • Comprobar como as TIC enriquecen a forma de ensinar e a forma de aprender d@s alumn@s.
  • En Proyecta, un equipo de profesionais da educación e as novas tecnoloxías elabora recursos e investiga as solucións que mellor se adaptan ás necesidades reais de alumn@s e educadores.

jueves, 6 de septiembre de 2012

Boas PrácTICas 2.0

Este é o primeiro número da Revista Dixital que recolle experiencias de Boas PrácTICas na aula onde podedes coñecer o que se fai noutras materias, áreas e etapas educativas no uso das TIC.